ABIERTO EL PLAZO PARA SOLICITAR LOS LOCALES DEL FORO

01/07/2010
Só resta por remata-lo pintado do vial e acabar de coloca-la sinalización.
O corredor de O Morrazo estará aberto en pouco tempo. Ó menos, éstas son as previsións da Conselleira de Política Territorial, Dna. María José Caride, quen asegurou que a apertura deste novo vial é "inminente, cuestión de días". A titular do departamento autonómico recalcou que só resta por terminar o pintado da infraestructura e rematar coa colocación da sinalización, así como "pechar algúns flecos" cós veciños afectados.
A mandataria autonómica realizou estas declaracións tras unha reunión institucional mantida en Vigo có presidente da Autoridade Portuaria, Abel Caballero, e có xerente de Zona Franca, Francisco López Peña. Ó seu término, insistiu en que o corredor "abrirase cando se den tódalas condicións operativas".
As previsións iniciais da Xunta, cando estaba todavía gobernada polo PP, apuntaran ó mes de agosto como momento para a posta en servicio do vial. Foi a principios deste mes cando se abriu o tramo que une Cangas con Bueu e Aldán e que evita ós usuarios atravesar o centro urbán da vila para dirixirse a estas zonas. Sen embargo, o resto do vial permaneceu pechado.
Posteriormente, xa có PSOE ó frente do Goberno autonómico, estableceuse principios de outubro como data elexida, para retrasar posteriormente o evento a finais dese mesmo mes. Sen embargo, a inauguración de todo o traxecto voltou a demorarse a consecuencia, segundo fontes autonómicas, das fortes chuvias caídas nas últimas xornadas.

Galería de imágenes