AZUQUECA ACOGE UN FORO SOBRE CALIDAD DEL AIRE DENTRO DEL PROCESO DE LA AGENDA 21 LOCAL
AZUQUECA ACOGE UN FORO SOBRE CALIDAD DEL AIRE DENTRO DEL PROCESO DE LA AGENDA 21 LOCAL
01/02/2007
Haberá actuacións o venres, noite de San Xoan, e o sábado.
A estructura que acollerá as actuacións está ubicada nas inmediacións da Casa da Cultura, en Rodeira, e nela, o venres e o sábado haberá actuacións das bandas locais que participaron no programa musical durante todo o ano xunto ós grupos Soak e Fritanga.
A entrada ó evento, que organiza a Concellería de Xuventude, é gratuita. Ademáis, colocarase unha barra con precios populares nas inmediacións do lugar do certame.
O festival comezará coa actuación de Ludovaina na noite de San Xoan. Tra-la súa música, subirá ó escenario o rock de Dos pelos negros, para continuar con Jit!. Éxodo ofrecerá posteriormente os seus temas punk-rock, antes do pop de Lavorda e do rock de Estado puro. Fritanga pechará a noite do venres.
O sabado proseguirá o certame comezando có grupo Fly bronce lines, seguidos de Datrebil e Thunn!. O punk-rock será o protagonista da segunda parte do festival, coa actuación de Malas Pulgas, Soak e Fijado corroido como colofón.
Galería de imágenes
