COMIENZA EL CAMBIO DE REDES DE AGUA Y SANEAMIENTO EN EL BARRIO DE ALOVERA

21/07/2010
O Presidente da Fundación Cangas Deporte reuniuse coa Portavoz de Marina de Exposicións.
O Presidente da Fundación Cangas Deporte, José Luís Gestido, reuniuse coa Portavoz da empresa organizadora de Vigo Náutica Internacional, Ana Montenegro. O motivo do encontro foi a posta en marcha do plan promocional que a Fundación, a través do Organismo Autónomo de Turismo da vila do Morrazo, vai a realizar do Campionato do Mundo de Tiger e Dragoon deste ano, e no que colabora Marina de Exposicións, propietaria de Vigo NAU.
Nun espacio de 130 metros cadrados, a Fundación Cangas Deporte exporá tódalas súas actividades deportivas, facendo especial fincapé na cita mundial dos catamaráns a vela do mes de xullo.
O espacio reservado polo Concello cangués incorpora unha das principais atraccións da terceira edición de Vigo Náutica Internacional, un catamarán, que recibe a potencia do vento nas suas velas a través de potentes propulsores que o xeneran, provocando que a embarcación, que se encontra a flote sobre unha piscina superficial, se levante de un dos seus costados, sensacións que poderán probar todas aquelas persoas que o desexen.
Outro dos atractivos da presencia da Fundación Cangas Deporte no Salón da Mar e a Náutica, será a proxección de vídeos documentales sobre as distintas actividades deportivas, así como espectaculares imáxenes de probas de Tiger internacionais. Visitas escolares, ponencias deportivas e unha posible actuación musical, son algúns dos temas propostos, pendentes de pechar.

Vigo Náutica Internacional celébrase do 2 ó 5 de marzo deste ano, no Recinto Ferial de Cotogrande, en Vigo. A pasada edición recibiu a visita de máis de 40.000 persoas, cifra que os organizadores esperan superar, gracias ás expectativas xeradas por todo o sector náutico.
Galería de imágenes