EL AYUNTAMIENTO ENTREGA LOS PREMIOS DEL CONCURSO DE ESCAPARATISMO NAVIDEÑO

Descargas

24/01/2007

Convírtese en "patrocinador de ouro" do evento, xunto ó Concello de Cangas, Xunta e Deputación.

A Corporación Caixa Galicia convirtiuse o pasado xoves, día 1 de xuño, en "patrocinador de ouro" do Mundial de Catamaráns Hobie Tiger & Dragoon, que se disputará en xullo nas costas de Cangas, ó comprometer unha aportación de 120.000 euros para sufragar o evento deportivo, as actividades culturais paralelas e a promoción do deporte náutico de base. Trátase da maior aportación económica que nunca dera unha entidade para a promoción do deporte cangués, e súmase ás da Xunta, a Deputación, o Concello e outras entidades, ata completar un presuposto estimado de 350.000 euros.
A firma do convenio celebrouse a mediodía na casa consistorial entre o alcalde, José Enrique Sotelo, e o conselleiro delegado da corporación, José Luis Méndez Pascual. Ambos coincidiron en que se trata dun evento deportivo de altísimo nivel, "o máis importante que acolla Galicia, despois da Volta ó Mundo de Vela", según Méndez, e que repercutirá a nivel turístico e económico na vila. O rexidor incidiu no esforzo realizado nos últimos anos para lograr este "hito histórico" do deporte cangués, e añadiu que será un motivo máis para situar a Cangas no mapa da alta competición e os destinos turísticos internacionais cun evento vinculado ó mar, como o están os cangueses dende fai moitas xeracións.
Ainda que o programa de actividades non está todavía pechado, o presidente da Fundación Cangas Deporte, José Luis Gestido, asegurou que, ademáis das regatas, ofreceranse 28 actuacións musicais de tódolos estilos, entre o 21 e o 28 de xullo, ademáis de exposicións fotográficas, filatélicas ou de artesanía.
A competición deportiva desenrolarase do 24 ó 28 de xullo e o centro neurálxico estará ubicado na praia de Rodeira. Sen embargo, o campo de regatas da clase Tiger quedará sinalizado entre as illas Cíes e Cabo Home, sendo este punto o máis axeitado para seguir as evolucións dos deportistas, segundo os organizadores. Para chegar ata alí, habilitarase unha línea de autobuses dende o centro urban cangués. A competición da clase Dragoon disputarase nas proximidades da praia de Rodeira, polo que non será necesario realizar desprazamentos.
As previsións do concello e os patrocinadores apuntan a que chegarán a Cangas máis dun millar de deportistas, ós que haberá que sumar toda a comitiva de acompañantes e afeccionados. Xa hai confirmados representantes dunha docena de países dos cinco continentes, ainda que se espera que o número de inscritos se duplique ata uns 15 días antes da competición. Xapón, Australia, Estados Unidos, Holanda, Suecia, Gran Bretaña ou Porto Rico son algúns dos que xa rexistraron as súas bandeiras no evento, segundo comunicou José Luis Gestido.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos