EL AYUNTAMIENTO OFERTA UN CAMPAMENTO URBANO PARA EL DÍA 26 DE ENERO

Descargas

24/01/2007

O Concello seleccionou a nove peóns e dous conductores para a brigada de extinción forestal.

A delegación provincial da Consellería de Medio Ambente formalizou o pasado xoves a entrega ó Concello de Cangas de un camión motobomba que será utilizado na loita contra incendios. Trátase de un vehículo de segunda man que quedou depositado na sede local de Protección Civil e que permanecerá indefinidamente no concello para reforza-los medios actuais de loita contra o lume.
Ó mesmo tempo, durante a mañán do xoves celebráronse as probas de selección de chóferes e peóns para as brigadas contra incendios forestais.
Medio Ambente augura unha campaña estival problemática en canto a incendios forestais, debido á prolongada sequía e as altas temperaturas que xa se rexistran.
Por outra parte, a Deputación tene previsto someter a aprobación os estatutos do parque de bombeiros comarcal na súa próxima sesión plenaria, un dos pasos necesarios para poder abri-las instalacións, das que xa remataron as obras pero permanecen á espera de que se resolvan os asuntos administrativos. A Xunta, a Deputación (o 40% cada un) e os concellos da comarca (un 20% en total) participan na súa financiación.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos