EL CENTRO DE ESPECIALIDADES HA REALIZADO MÁS DE 2.000 ORTOPANTOMOGRAFÍAS EN UN AÑO

Descargas

12/08/2010

"Para evitar esta situación que periódicamente se repite, faise urxente a execución do proxecto", recalca o Alcalde de Cangas.

Os danos ocasionados polo temporal no porto de Aldán durante a fin de seman despertou as queixas dos mariñeiros e as xestións dos políticos. O Alcalde de Cangas remitiu o pasado martes a Costas do Estado e a Portos de Galicia o parte de incidencias realizado pola Policía Local e Protección Civil durante a fin de semana, onde se constata o hundimento de varias embarcacións amarradas ou fondeadas na dársena aldanesa. "Para evitar esta situación que periódicamente se repite faise imprescindible e urxente a execución do proxecto de ampliación" das instalacións portuarias, reclama D.José Enrique Sotelo en sendos escritos enviados ó Presidente de Portos, D.Vicente Irisarri, e á xefa provincial de Costas, Dna.Cristina de Paz-Curvera. As discrepancias entre ambos organismos manteñen paralizado o proxecto, a expensas do informe favorable do estudio de impacto ambiental.
O Concello ínstalles "a que se poñan de acordo para executar dunha vez o proxecto de ampliación do citado porto". Os informes da Policía Local e de Protección Civil ratifican os feitos denunciados pola cofradía. Os equipos de emerxencias trasladáronse á zona e colaboraron cós mariñeiros "para asegurar as embarcacións e tratar así de paliar os danos sufridos", relatan. Pero o temporal "era tan grande que facía casi imposible os labores de auxilio, co conseguinte perigo para os mariñeiros e os servizos de urxencia".

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos