EL CONSEJERO DE SANIDAD VISITA LA OFICINA DE CONSUMO Y LA TIENDA DE COMERCIO JUSTO DE AZUQUECA

Descargas

04/01/2007

O Concello cangués solicita subvención á Xunta para adquirir casetas, mellora-los accesos y aparcamentos. O proxecto supera os 307.000 euros

-O Concello de Cangas presentou un proxecto de mellora e acondicionamento para as praias de Nerga, Santa Marta, Limén, Areacova e Francón.
O desexo da entidade municipal é logra-las axudas necesarias por parte da Xunta có fin de destinalas á adquisición de material, a mellora dos accesos para discapacitados, acondicionamento de áreas de aparcamento ou a execución de accións encamiñadas a preservar as dunas.
Ademáis, estúdiase reservar un espacio no aparcamento para unha ambulancia en Liméns e Nerga. Situaríanse na zona máis cercana ó posto de primeiros auxilios. Tamén se habilitaría un lugar destinado a persoas con discapacidades con rampas de acceso ás praias. Tamén para Liméns e Nerga, adquirirase unha caseta para a bibliopraia, outra para o servicio de salvamento, unha cabina para baños e vestiarios, así como duchas. Por último, instalaranse troncos que acoten a zona de dunas.
En Areacova, o Concello demanda a mellora e acondicionamento do acceso á praia, ó igual que para o arenal de Francón.
A Xunta de Galicia establece unha convocatoria de axudas para este tipo de actuacións. A subvención pode cubrir ata o 40 % da inversión, sempre e cando non supere o máximo de 60.000 euros por proxecto, como explicou o Concelleiro D. Pío Millán
A proposta canguesa para este ano é lograr bandeira azul para Areabrava, Liméns, Menduiña, Nerga, Areacova, Areamilla, Francón, Melide e Santa Marta.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos