EMPIEZAN A INSTALARSE LOS NUEVOS JUEGOS INFANTILES EN LOS PARQUES DEL MUNICIPIO

Descargas

28/12/2010

Xa está en marcha o certame de beléns. Aquí se poden leer as bases para participar

Bases Modalidade A: Instalación de Beléns en domicilios particulares 1.- Poderán participar todolos/as veciños/as de Cangas que o desexen e instalen o Belén dentro do término municipal de Cangas. 2.- As dimensións serán libres, asi como os materiais e as figuras a utilizar. 3.- A inscripción para participar deberá realizarse no Centro Municipal de Benestar Social ata o 17 de decembro, e o xurado emitirá o seu fallo antes do 31 de decembro. 4.- As persoas inscritas no concurso deberán permitir á visita dó xurado ó Belén nas datas que os membros do mesmo decidan. 5.- Os Beléns deberán estar instalados entre o 20 de decembro de 2004 e o 6 de xaneiro de 2005. 6.- Os premios do concurso serán os seguintes: 1º premio: Diploma e placa. 2º.premio: Diploma e placa. 3º premio: Diploma e placa. O xurado resérvase a posibilidade de outorgar os accesits que considere oportuno. 7.- No caso de estimalo oportuno o xurado poderá declarar deserto algún ou tódolos premios. Modalidade B: Confección de Beléns artesanais en dimensións reducidas 1.- Poderán participar tódalas persoas que o desexen. 2.- A inscrición deberá realizarse no Centro Municipal de Benestar Social ata o 17 de decembro. 3.- Os Beléns depositaranse no lugar que indique a organización os días 21 e 22 de decembro, para ser expostos ó publico entre o 23 de decembro de 2004 e o 6 de xaneiro de 2005 . Despois desta data deberán retirarse os traballos. 4.- As dimensións dos traballos non poderán esceder de 1 metro cuadrado. 5.- O tema pricipal será a escea do “Pesebre”. 6.- Os materiais a empregar serán libres: cerámica, madeira, cunchas, papel maché,... 7.- Concederanse os seguintes premios: 1º premio: Diploma e vale de compra por importe de 100 Euros. 2º premio: Diploma e vale de compra por importe de 70 Euros. 3º premio: Diploma e vale de compra por importe de 40 Euros. 8.- Haberá unha categoría especial para centros escolares cós seguintes premios: 1º premio: Diploma e lote de libros. 2º premio: Diploma e lote de libros. 3º premio: Diploma e lote de libros. 9.- O xurado poderá outorgar accesits se o considera oportuno. 10.- O xurado poderá declarar desertos algúns ou tódolos premios. 11.- Terase en consideración a hora de valorar os traballos, a dificultade da realización, a orixinalidade e fantasía, asi como os materiais empregados.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos