FINALIZA EL CAMPO DE TRABAJO INTERNACIONAL EN LA RESERVA ORNITOLÓGICA

Descargas

23/07/2010

O obxectivo é achegar o evento a profesionais e afeccionados de toda Galicia e do norte de Portugal.

O Salón Náutico de Vigo que se celebrará nas próximas semanas na cidade olívica, será aproveitado pola Fundación Cangas Deporte para levar a cabo unha intensa promoción do Campionato do Mundo de catamaráns das clases Hobie Tiger e Dragoon. Os organizadores participarán no evento náutico no posto da Deputación, que colabora na loxística, pero tamén estará representado nas instalacións que montará o principal patrocinador do mundial, unha empresa que ainda non se fixo pública.
O Concelleiro de Deportes, D. Jose Luis Gestido manterá nos próximos días unha reunión coa directora do Salón Náutico, Dna. Ana Montenegro, e có patrocinador oficial para ultima-los detalles. Gestido asegura que queren dar un paso máis na campaña de divulgación do campionato, e explica-las características da cita deportiva ás empresas e afeccionados galegos e do norte de Portugal.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos