LA BIBLIOTECA MUNICIPAL "ALMUDENA GRANDES" RECIBE UN LOTE DE LIBROS DONADO POR LA UNIVERSIDAD DE ALCALÁ DE HENARES
LA BIBLIOTECA MUNICIPAL "ALMUDENA GRANDES" RECIBE UN LOTE DE LIBROS DONADO POR LA UNIVERSIDAD DE ALCALÁ DE HENARES
08/03/2007
As 160 prazas dispoñibles para o concello de Cangas nos campamentos urbáns e xuvenís están xa prácticamente cubertas, segundo informaron onte dende a Casa da Xuventude.
As 160 prazas dispoñibles para o concello de Cangas nos campamentos urbáns e xuvenís están xa prácticamente cubertas, segundo informaron onte dende a Casa da Xuventude.
Fontes desta área municipal indicaron que o número de persoas solicitantes superarán as prazas polo que xa se estableceu un día para o sorteo das mesmas. Será na xornada do 22, dous días despois de que se peche a inscripción nestas actividades xuvenís.
Hai que lembrar que está aberto o prazo para anotarse en dous campamentos urbáns para nenos de sete a dez anos así como para pequenos de catro a seis.
Tamén segue aberta a inscripción nos II Xogos Deportivos de Cangas que terá lugar do 11 a 14 de agosto.
Este ano, as modalidades deportivas que se poderán realizar son fútbol, balonmán, voleibol, fútbol-sala, atletismo, ciclismo, tenis de mesa, tenis e piragüismo. Os participantes serán distribuídos en tres categorías, alevín, infantil e cadete.
O acto de apertura deste torneo terá lugar o día 10 de agosto coa cerimonia de inauguración e un concerto. Ademáis, haberá outras atividades paralelas como actividades na praia; exhibición de taekwondo, capoeira e baile deportivo, ademáis de discoteca e cine, entre outras.
A inscripción nesta actividade rematará o día 1 de xullo, previo pago de 30 euros, segundo o estipulado por Xuventude, área que dirixe José Luis Gestido.
Galería de imágenes
