LA COPA DEL MUNDO DE FÚTBOL YA ESTÁ EN AZUQUECA

Descargas

05/03/2011

Portos de Galicia prevé licita-las obras de ampliación do porto de Aldán no último trimestre do presente ano.

O titular do ente público Portos de Galicia, Carlos Negreira, recibiu o pasado mércores no seu despacho de Santiago ó Alcalde de Cangas, Jose E. Sotelo, ó Concelleiro de Mar, David Fernández, e ó Patrón Maior da Cofradía de Pescadores de Aldán-Hío, Jorge Pérez.Portos está á espera de coñece-los informes redactados polos técnicos de Costas do Estado, tra-la súa visita a finais do pasado ano ó porto de Aldán e á praia de Vilariño.O que non queren, nin Concello nin Cofradía é modifica-lo proxecto de ampliación, posto que consideran que xa é o mínimo para crear o abrigo necesario para as embarcacións.A previsión de Portos de Galicia é licita-la obra no último trimestre do presente ano, posto que antes tene que realizar toda a tramitación previa habitual.A Xunta de Galicia prevé unha inversión de 1.200.000 euros na remodelación da zona portuaria de Aldán e mellora do abrigo. A ampliación, aclarou o Alcalde, permitirá despois construi-las casetas previstas para os mariñeiros, así como executar o proxecto de humanización de toda a explanada portuaria, unha actuación ambiciosa que fará moi atractivo ese espacio da parroquia.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos