LA LUDOTECA MUNICIPAL ABRE UN SEGUNDO PLAZO DE INSCRIPCIÓN

Descargas

13/09/2010

O vindeiro domingo, día 23 de abril, celébrase o I Trofeo Vila de Cangas de Taekwondo no Pavillón Municipal do Gatañal. O evento terá lugar entre as 11.00 e as 13.00 h.

Tras dous anos de traballo nas Escolas Deportivas Municipais, dentro do programa “Ti tamén podes ser olímpico” organizase o primeiro evento destas características.
No presente curso, o deporte do Taekwondo foi a actividade que contou con máis deportistas inscritos, segundo apunta a Fundación Cangas Deporte, o que motiva a celebración deste evento.  No Trofeo participarán uns 250 rapaces, dos cales 160 son pertencentes ás Escolas Deportivas do Concello. Estas escolas municipais seguen ano tras ano animando ós rapaces a practicar o deporte, calqueira que sexa, pois hai para tódolos gustos. O vindeiro 23 tócalle lucirse ós de taekwondo, que levan dous anos traballando dentro do programa “Ti tamén podes ser olímpico”.
O vindeiro domingo, día 23 de abril, celébrase o I Trofeo Vila de Cangas de Taekwondo no Pavillón Municipal do Gatañal. O evento terá lugar entre as 11.00 e as 13.00 h.
 Os clubes participantes son:
– Escolas Municipais de Cangas
– Asociación Kiap (Vigo)
– Doyang (Redondela)
– Vida Bueu (Bueu)
– Area Sport (Vigo)
Nas categorías de:
- Pre-benxamín
- Benxamín A, B e C
- Pre-infantil
- Infantil
- Libre (de 6 a 14 anos).
Máis información en www.cangasdeporte.com

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos