LAS ENTRADAS DEL CONCIERTO DE PEREZA SALDRÁN A LA VENTA A PRIMEROS DE JULIO

Descargas

17/06/2010

Ofrécense contrapartidas publicitarias divididas en tres categorías.

O Concelleiro de Deportes e Presidente-Delegado da Fundación Cangas Deporte, D.Jose Luis Gestido, pretende implicar a tódalas empresas canguesas no Mundial de Catamaráns das clases Hobie Dragoon e Tiger que se disputará en xullo do vindeiro ano na praia de Rodeira.
Con este obxectivo, enviarase unha carta na que se explica ós empresarios as distintas fórmulas de patrocinio, así como as contrapartidas que recibirán por elo.
A organización definirá catro tipos de sponsor. Na categoría "ouro" enmárcanse as institucións (Xunta, Deputación e Concello), así como unha grande empresa coa que se está negociando, que aportarán as principais cantidades económicas. Na categoría "prata" estarán as empresas que destinen ó menos 3.000 euros para o evento. E na de "bronce" ubicaranse aquelas que fagan aportacións significativas es especie. Por último, haberá "colaboradores locais" que contribuirán con 150 euros.
A cambio desta colaboración, os organizadores ofrecen una presencia activa das empresas no evento. Os seus logotipos estarán no campo de regatas e nas vallas publicitarias da praia de Rodeira, así como na páxina web habilitada para o campionato e o poster oficial do evento. Tamén se habilitarán barcos VIP para segui-las regatas e dous representantes de cada empresa poderán participar na cerimonia de apertura do 23 de xullo.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos