LOS ALUMNOS DE LOS COLEGIOS SIGLO XXI Y LA PALOMA PARTICIPAN EN EL PROGRAMA INICI@TE EN INTERNET

Descargas

08/03/2007

A Xunta e os axuntamentos de Vigo e Cangas asinaron un adelanto do protocolo para a implatación do Plan de Transporte Metropolitano, polo que a partir de finais de setembro se abaratará o trasporte público e se facilitará o uso de distintos medios urbáns

A Xunta e os axuntamentos de Vigo e Cangas asinaron un adelanto do protocolo para a implatación do Plan de Transporte Metropolitano, polo que a partir de finais de setembro se abaratará o trasporte público e se facilitará o uso de distintos medios urbáns e interurbáns con descontos. A Tarxeta Metropolitana comezará a funcionar nos vindeiros días en Vigo e Cangas, ainda que as bonificacións só se efectuarán cando se sumen outros seis axuntamentos.
A tarxeta se implantará nos vindeiros días en Vitrasa e Mar de Ons, mentras a Xunta traballa para poñer en marcha o dispositivo que permita efectuar os descontos.
Cos descontos da tarxeta metropolitana, o barco ordinario entre Cangas e Vigo, que actualmente ten un  prezo de 1,75 euros, pasará a custar 1,45 euros. O resto dos billetes bonificados, como o de estudiantes ou traballadores, terán unha minoración tamén de trinta céntimos de euro. Vitrasa rebaixará as súas tarifas un 18 por cento.
O titular de Política Territorial, Alberto Núñez Feijóo, apuntou que o protocolo supon " un paso adiante para ampliar e mellorar a implantación do Plan de Transporte Metropolitano no área de Vigo".
O conselleiro resaltou  "a importancia social que ten o transporte marítimo en a comarca", xa que , segundo datos da consellería, no ano 2004 supuxo 1.355.000 viaxes dos 3.800.000 realizados en todo o entorno metropolitano en barco e autobús, o que significa un 35,6 por cento do total.
O alcalde de Cangas, presente onte no asino do protocolo, xunto a Núñez e a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, cifrou nuns 20.000 euros o custo da operación.  

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos