ADJUDICADO EL TERCER POLIDEPORTIVO CUBIERTO DE AZUQUECA, CON UN PRESUPUESTO QUE RONDA LOS CUATRO MILLONES DE EUROS

Descargas

11/01/2007

A Liga Marca de Fútbol na Rúa e o Campionato Provincial de Patinaxe son as actividades principaies deste fin de semana.

Comezará a actividade de xeito casi simultáneo na pista polideportiva da Alameda Nova e no Pavillón de Romarigo.
A través dun convenio de colaboración entre o Diario Marca e a Fundación Cangas Deporte, desenrolarase este sábado durante toda a mañán e toda a tarde un único evento deportivo multisede de Fútbol que abarca tódalas comunidades autónomas da xeografía española.
Este evento vai destinado a nenos/as de 8 a 12 anos que se dividirán en dous categorías: Alevíns (Nados en 1993 e 1994) e Benxamínes (Nados en 1995 e 1996), no que participarán equipos Municipais, Federados, Escolares e Libres, tanto sean Masculinos, Femeninos ou Mixtos, desenrolándose a fase Local, clasificatoria para o provincial que tamén terá lugar en Cangas no vindeiro mes de Xuño. 
Tamén iniciándose o sábado pola mañán, no pavillón de Romarigo, o Club de Patinaxe Ánfora organiza o campionato provincial, clasificatorio para o Campionato Galego, no que se reunirán rapaces e rapazas dos clubes de patinaxe da provincia de Pontevedra.
Coa colaboración da Fundación Cangas Deporte, a segunda xornada do evento, que se iniciou o sábado pasado, terá lugar este sábado durante todo o día e o domingo en horario de mañán, na modalidade libre e parellas obrigatorias para as categorías cadete, xuvenil, junior e senior.

 

Máis información en www.cangasdeporte.com

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos