AZUQUECA CELEBRA EN FEBRERO LA SEXTA EDICIÓN DEL "MES DEL JAZZ Y OTRAS MÚSICAS"
AZUQUECA CELEBRA EN FEBRERO LA SEXTA EDICIÓN DEL "MES DEL JAZZ Y OTRAS MÚSICAS"
01/02/2007
O enterro do Momo, o mércores porá fin a cinco días de festa nos que tamén haberá un apartado para a diversión infantil
A exposición no auditorio dos carteis presentados ó concurso de Entroido, abre os actos festivos en Cangas, que teñen como principal novidade a convocatoria do primeiro certame de fotografía do entroido. A programación que presentou o mércores a Concelleira Mº Carmen Pereiro, inclúe un concurso de postres tradicionais, talleres de maquillaje e disfraces, festival de murgas e, por suposto, o enterro do Momo.
O primeiro certame de fotografía de Entroido de Cangas está aberto a tódolos ciudadáns que se inscriban antes do día 18 no Centro Municipal de Benestar Social con cantas obras desexen, inéditas e non premiadas anteriormente. Haberá tres premios de 100, 60 y 40 € e con tódolos traballos farase unha exposición na Casa da Cultura.
O venres terá lugar o desfile infantil e festival nos centros escolares. Ás 16:30 terá lugar unha concentración diante do Concello e posterior desfile polas ruas, para finalizar cun festival na Alameda Vella. O sábado, de 11 a 13, nos Xardíns do Señal, será o turno do Gran Xogo do Entroido, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
O domingo, celebrarase o III concurso de postres de entroido que se desenrolará a mediodía na Alameda Vella. Haberá premios para os tres mellores, degustación gratuita dos postres e actuación do grupo Abaladoiro. Ás 19:30, terá lugar no palco da alameda vella o festival de murgas.
O lúns e martes pola tarde, haberá talleres de maquillaxe, caretas, disfraces e globoflexia na rua para menores de 12 anos.
O mércores, o Entierro do Momo saldrá ás 20:30 dende a lonxa ata finalizar no edificio do Concello
Galería de imágenes
