CAMPEONATO GALLEGO DE PATINAJE DE GRUPOS SHOW
CAMPEONATO GALLEGO DE PATINAJE DE GRUPOS SHOW
06/02/2007
O Alcalde pretende ensanchar e pavimenta-lo vial entre Vilanova e Donón para axiliza-la circulación.
A intención municipal de habilitar unha línea de autobuses que percorra a parroquia de O Hío por todo o litoral, con regreso ó centro urbán a través de Darbo, foi analizada o pasado martes polo alcalde e representantes da empresa Cerqueiro, que está interesada en ofrece-lo servicio sempre que se lles garantice a cobertura dos gastos.
A proposta é que este circuito circular discurra polo Igrexario de O Hío e continúe por Ameixide, Pinténs e Vilanova. Dende este punto enlazaría con Donón a través dunha pista forestal que o Concello pretende ensanchar e pavimentar con axuda da Deputación. A ruta continuaría por Nerga e Liméns ata regresar ó centro urbán. Sotelo cree que se trata dunha intención "factible" e que podería poñerse en marcha este mesmo verán.
Con este servicio, o Concello quere dar resposta a duas necesidades: a de comunicar ós parroquianos cós servicios centralizados e facilita-lo acceso e regreso dos bañistas ós areais máis concurridos, reducendo ó mesmo tempo o tráfico rodado que satura os viais existentes. Por este motivo é imprescindible a mellora da pista que discurre paralela á costa de Soavela -duns dous kilómetros de lonxitude e aberta pola Consellería de Medio Ambente fai dous anos, ainda que todavía sen asfaltar-, xa que o autobús non dispón de espacios o suficientemente anchos para maniobrar nin circular en sentido inverso.
O Concello ten competencias para regula-lo tráfico de pasaxeiros no ámbito municipal, e negociará a posta en marcha deste percorrido, polo menos para os meses de verán.
Galería de imágenes