CAMPIONATO GALEGO DE PATINAXE DE GRUPOS SHOW
CAMPIONATO GALEGO DE PATINAXE DE GRUPOS SHOW
06/02/2007
A Concellería de Desenrolo económico e promoción do emprego leva meses planeando a creación deste servicio.
A Ordeanza que regulará o funcionamento dun viveiro de empresas de servicios en Cangas, entra en vigor tra-la súa publicación o pasado martes na páxina 12 do Boletín Oficial de Pontevedra (BOP). Finaliza así a tramitación legal do documento, aprobado o 2 de decembro polo pleno e que non recibiu alegacións durante a súa exposición pública.
O obxectivo municipal é facilitar ós promotores de empresas de nova creación, un espacio físico dotado de servicios básicos a costes reducidos para desenrola-la súa actividade e contribuir así a crear emprego. Os locais acondicionaranse nas dependencias municipais do antigo edificio do cine Calvar.
O viveiro está dirixido fundamentalmente, a promotores de pequenas e medianas empresas de servicios en áreas como a consultoría, asesoría, software, desenrolos informáticos e ténicos, e solucións de inxeniería, entre outras.
O Concello deberá adxudicar os servicios, por tempo definido, a través dunha convocatoria pública. Os beneficiarios poderán acondiciona-lo módulo pola súa conta, segundo as súas necesidades particulares, ainda que non poderán destinalo a outros usos, arrendalo ou cedelo. Terán dereito a usalo durante un ano, coa posibilidade de prorrogalo seis meses máis.
Galería de imágenes