CERCA DE 300 PERSONAS PARTICIPAN EN LA CELEBRACIÓN DEL JUEVES LARDERO ORGANIZADA POR EL AYUNTAMIENTO DE AZUQUECA
CERCA DE 300 PERSONAS PARTICIPAN EN LA CELEBRACIÓN DEL JUEVES LARDERO ORGANIZADA POR EL AYUNTAMIENTO DE AZUQUECA
15/02/2007
Os traballos están presupostados en 349.226,24 euros e perseguen evita-las inundacións na zona de Eugenio Sequeiros.
A Xunta acaba de sacar a concurso por procedemento de urxencia a obra de ampliación e mellora do saneamento en Cangas. Presupostado nun total de 349.226,24 euros, os traballos consistirán na instalación dun novo colector para separa-las augas pluviais na rúa San José.
O obxectivo desta actuación é evita-las inundacións que se producen cando chove moito na zona do paseo de Eugenio Sequeiros, así como no entorno da praza de abastos, e que provocaron queixas dos comerciantes do lugar. O colector colocarase na esquina da rúa San José, para o que haberá que levanta-lo pavemento.
O prazo de execución dos traballos é de doce meses e contan coa cofinanciación da Unión Europea. As empresas interesadas poden presenta-las súas propostas dende o pasado 31 de marzo, e durante os quince días naturais seguintes. As ofertas abriranse o día 25 de abril.
Segundo sinala o Concelleiro cangués, D. Pío Millán, o goberno municipal incluiu nos presupostos para o 2005 unha partida para o acondicionamento e urbanización da rúa San José. A partida reservada ascende a 150.253 euros de fondos propios destinados a traballos de instalación da rede de gas e a pavementación.
Galería de imágenes
