EL CONCEJAL DE JUVENTUD CLAUSURA EL CAMPO DE TRABAJO DE LA RESERVA ORNITOLÓGICA
EL CONCEJAL DE JUVENTUD CLAUSURA EL CAMPO DE TRABAJO DE LA RESERVA ORNITOLÓGICA
30/07/2007
O rexidor asegura que a actual redacción do convenio ofrece garantías de continuidade da empresa nunha nova ubicación.
Mentras non haxa outras instalacións que reemplacen ás actuais, non se dará licencia para construir en Longán, manifestou o Alcalde de Cangas ante as alegacións presentadas polos 38 traballadores da empresa cordeleira e de confección de redes Marina Hispánica, así como polo sindicato CIG.
D.José E. Sotelo considerou suficientes as garantías expresadas na actual redacción do convenio e non estimou necesarias modificacións sustanciais.
O máximo responsable do goberno local tachou de "polémica artificial" a situación xerada en torno á empresa "que non ten ningún problema e se lle fai un flaco favor con esta imaxen de incertidumbre" e culpou disto ás gañas de protagonismo de determinadas persoas e sindicatos.
Asimesmo, aclarou que calquer matiz que deba facerse ó convenio está supeditado á voluntade de ambas partes, deixando claro que estas son o Concello e os propietarios dos terreos, non as persoas relacionadas laboralmente coa empresa Marina Hispánica.
Con respecto ás garantías de disponibilidade de terreo para a empresa, o rexidor advertiu que non é o Concello o que teña que dotar dunha parcela á empresa, ainda que sí colaborará coas xestiones necesarias. "Non podemos garantizarlle unha parcela no futuro polígono de Zona Franca, pero seguro que este convenio urbanístico non se executará ata que a empresa teña un novo emprazamiento", añadiu, e se referiu a que estas condicións xa están estipuladas nas cláusulas do documento.
Galería de imágenes