EL CONSEJERO DE BIENESTAR SOCIAL INAUGURA EL CENTRO DE ATENCIÓN TEMPRANA DE AZUQUECA

Descargas

14/03/2007

A distinción recae na danza e contradanza de Darbo e os bailes de San Sebastián e San Roque.

As danzas ancestrais de Darbo, Aldán ou Hío son dende onte Festas de Galicia de Interese Turístico. Así o decidiu o Consello da Xunta de Galicia, ó ratificar oficialmente o informe positivo que emitira o pasado mes de maio a comisión de valoración da Dirección Xeral de Turismo. A distinción se concede polos "particulares valores culturais e etnográficos destas celebracións populares que cada ano congregan a miles de veciños e turistas".
A danza de San Sebastián en Aldán, ten lugar cada 20 de xaneiro e se ten constancia da súa celebración dende 1678. A danza e contradanza de Darbo bailase dende o século XVI o 8 de setembro, coincidindo co día grande da romería que se celebra nas inmediacións da igrexa de Santa María.
A última das danzas é a de San Roque de O Hío, que se desenrola cada 16 de agosto. Nela 16 veciños bailan ós pes do santo e do cruceiro da parroquia ó son da gaita e o tamboril.
Nos tres casos había un ofrecemento por parte dunha casa ou familia da nobreza. Posteriormente a tradición a mantivo o pobo.
A declaración de Festas de Interese Turístico traerá consigo un maior esforzo promocional por parte das institucións. Así, estos eventos se incluirán no apartado especial que os catálogos divulgativos de Turgalicia lle dedican ás festas con esta distinción. O mesmo ocurrirá co Patronato Provincial de Turismo Rías Baixas. Asimesmo, o concello xa anunciou a súa intención de elaborar material específico para promocionar estas danzas, entre o que estará unha guía na que se dará información e se explicará a historia destes bailes tradicionais.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos