EL TRÉBOL, GANADOR DEL XXXII DESFILE DE CARROZAS

Descargas

19/09/2007

O prazo concedido ás empresas para que presenten a súa oferta para construi-la piscina municipal de Cangas rematou, e o Concello ten rexistradas nove plicas.

O Alcalde de Cangas, D.José E.Sotelo Villar, anunciou que son nove as empresas que presentaron plica para a construcción da piscina municipal, presupostada en 1,8 millóns de euros.
O novo servicio será construido no barrio de Verín da parroquia de Coiro, ó lado do Estadio Municipal de Atletismo, dado que o goberno local quere que ese lugar sexa a cidade deportiva canguesa.
Este lúns 28 de marzo está previsto proceder á apertura de plicas, para que os técnicos as valoren e informen. Deberán comprobar se se axustan ás bases establecidas, e se o deseño fai referencia ó pasado baleeiro de Cangas, o cal é especialmente puntuado.
Unha vez se proceda á adxudicación da obra, a empresa elexida disporá dun mes de prazo para presenta-lo proxecto de execución.
Sotelo destacou o feito de que fosen nove as empresas que presentaron a sía oferta, porque evidencia o interés que despertou a obra.
O rexidor estima que as obras de construcción da piscina poderán comezar ó longo do vindeiro mes de maio, recordando que o prazo máximo de execución é dun ano.
A piscina municipal terá un vaso principal de 25x12,5 metros e outro pequeno de 12,5x6 metros. O primeiro terá unha profundidade de entre 1,80 e 2 metros, para poder celebrar competicións oficiais, e o segundo destinado ó aprendizaxe, nenos, mulleres embarazadas e demáis.
Entre os requisitos esixidos, ademáis desa referencia ó pasado baleeiro, figura o uso de enerxías renovables para o seu funcionamento.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos