HASTA EL 9 DE MARZO PUEDE SOLICITARSE PLAZA EN LOS CENTROS EDUCATIVOS

Descargas

12/02/2007

A partir de xullo, e durante un ano, 75 persoas desempregadas da comarca poderán acollerse a un plano experimental de emprego que promove o Concello de Cangas e que garantiza a formación e inserción laboral de ó menos a metade dos participantes.

A partir de xullo, e durante un ano, 75 persoas desempregadas da comarca poderán acollerse a un plano experimental de emprego que promove o Concello de Cangas e que garantiza a formación e inserción laboral de ó menos a metade dos participantes. A Consellería de Asuntos Sociais confirmou a concesión dunha subvención de 111.450 euros para este fin, ós que se sumarán 24.040 euros de aportación municipal. O Morrazo contará, así, có segundo proxecto destas características. As persoas interesadas en participar deben cubrir a partir do luns a correspondente solicitude na oficina de emprego.
O obxectivo deste programa é conseguir a inserción laboral dos participantes, realizando un tratamento integrado da súa ocupabilidade mediante a posta en marcha de diferentes accións: análises do perfil e características de cada participante, información, orientación e asesoramento en materia de emprego; itinerarios de búsqueda activa polas empresas do entorno; impartición de accións formativas xerais e específicas e prácticas de traballo. Os destinatarios son persoas inscritas na oficina de emprego, sen límites de idade, e que traballarán durante 12 meses cos itinerarios previstos, en horario de tarde.
A formación xeral para tódolos participantes integra clases de informática; prevención de riscos laborais; técnicas de creación de empresas e fomento do autoemprego; habilidades sociais e estratexias de comunicación, e técnicas de búsqueda activa de emprego. A estas se añadirá unha formación específica segundo o perfil e expectativas de cada participante, que poderá optar entre albanel, carpinteiro, fontaneiro, instalador de enerxía solar, dependente de comercio e axente comerical. As persoas que rematen o programa recibirán un certificado profesional de carácter estatal que avala esta formación.
Cada persoa recibirá unha axuda económica para transporte de 5,23 euros diarios. As que estén cobrando o paro o seguirán recibindo, xa que este plano é compatible coa prestación por desemprego. As clases se impartirán nas instalacións municipais de Granxa da Rúa e na Casa de Oficios. 

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos