LOS VECINOS DE AZUQUECA CUENTAN YA CON UNA GUÍA COMERCIAL ON-LINE

Descargas

05/09/2007

A modo de experiencia piloto, implantarase a zona azul no entorno da Praza de Abastos

O Alcalde de Cangas explica que a medida afectará a unhas 120 prazas e fai fincapé en que será gratuita mentres non se exceda o límite máximo dunha hora de estacionamento na zona. As áreas onde se implantará abarcan as rúas circundantes ó mercado: San José, Praza da Constitución e nun principio tamén Eduardo Vicenti.
O Concello prevé a súa inmediata posta en marcha. Neste sentido procederase ó pintado e sinalización da mesma.
O mecanismo de funcionamento regularase mediante parquímetros ubicados en diferentes puntos do ámbito delimitado como zona azul, que estarán habilitados durante o horario de apertura da Praza, é dicir, durante a mañán e a primeiras horas do mediodía.
Será obligación dos usuarios dispoñer do correspondente ticket onde figurará a hora en que aparcaron o coche, o cal se emitirá dentro das propias instalacións do Mercado. "O feito de que a xente teña que colle-lo ticket no interior do recinto, servirá, ademáis, para incentivar á cidadanía que estaciona na zona a que realice alí as súas compras", explica o rexidor.
Por outro lado, instalarase un compactador de basoira xunto ó edificio da Praza, e incorporarase esta mesma semán un novo sistema de baldeo no frente marítimo e o casco antigo de cara a conseguir unha maior limpeza ante a proximidade das festas de Semana Santa.
A medida, pretende, no obstante, manterse ó longo do ano e abarcará a rúa Eduardo Vicenti e a Avenida de Marín.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos