MÚSICA PARA TODOS LOS GUSTOS EN EL FIN DE FIESTAS

Descargas

24/09/2007

A Conselleira de Asuntos Sociais recibiu ó Alcalde

O Alcalde de Cangas  o edil de emprego mostráronse moi satisfeitos dos resultados da reunión coa Conselleira de Asuntos Sociais, Dna.Belén Prado.
O Concello de Cangas porá en marcha, durante o 2005, proxectos de formación para 125 persoas desempregadas, a través dunha Escola Obradorio, ou dun Obradoiro de Emprego, así como cun programa experimental de emprego. O Alcalde explicou que solicitaron unha das dúas modalidades existentes, para persoas de entre 16 e 24 anos, que permitirá formar a 50 desempregados, mentres que o programa experimental está dirixido a 75 desempregados pertencentes a colectivos con especiales dificultades de inserción laboral.
A Xunta, ademáis, mostrou o seu apoio á iniciativa municipal de crear un viveiro de empresas de servicios. A creación deste viveiro revélase como unha aposta clara de fomenta-lo espítitu emprendedor por parte do Concello.
Para levar a cabo o proxecto, que precisa dunha inversión mínima de 36.000 euros, o Concello facilitará ós emprendedores unha oficiña cós medios necesarios para desenrola-lo seu traballo, no edificio do antigo cine Calvar, situado na Praza do Señal.
Outra iniciativa a poñer en marcha é a aula do emprendedor, dirixido a persoas entre 30 e 45 anos, preferentemente muller, con experiencia laboral, pero en horario compatible coas súas actividades.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos