AYUNTAMIENTO Y BANDA DE MÚSICA RENUEVAN SU CONVENIO ANUAL

Descargas

15/07/2010

Preténdese crear un programa que desperte o interese dos xóvenes polo cuidado e protección do entorno natural.

O pasado lúns pola tarde, reuníanse na Casa da Xuventude o Concelleiro José Luis Gestido Porto e  Técnicos de Xuventude (Mar Núñez e Mercedes Lorenzo) cós representantes das Asociacións de Montes de Hío, Darbo e Coiro coa finalidade de poñer en marcha programas de interés medioambiental a través da Oficiña Municipal de Voluntariado, programas nos que participarian xóvenes voluntarios do noso Concello
En primeira instancia o Concelleiro de Xuventude informou sobre o Regulamento e sobre o Servicio de Voluntariado que se xestiona dende a Casa da Xuventude, para  que dende as asociacións se propoña algún programa de Acción Voluntaria.
Durante a xuntanza sairon diferentes ideas que deben ser tratadas máis pormenorizadamente dentro de cada asociación para que estas de xeito conxunto ou por separado presenten as súas propostas:
-A reforestación e recuperación de superficies queimadas.
-Acondicionamento e mantenemento da Eco-Ruta.
-Programas de prevención de incendios.
O que se pretende con este programa é  desperta-lo interés polo cuidado e protección do noso entorno natural entre os nosos xóvenes á vez que se fomentan actitudes responsables có Medio Ambente.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos