AZUQUECA CONMEMORA EL DÍA 8 DE MARZO CON ACTIVIDADES LÚDICAS Y REIVINDICATIVAS

Descargas

01/03/2007

A Consellería de Política Territorial comprometeuse á urbanización completa do entorno do centro.

A Consellería de Política Territorial comprometeuse á urbanización completa do entorno do centro. A Xunta asegurou onte que as melloras na seguridade vial estarán listas antes de agosto, data prevista para o fin das obras do corredoiro.
Onte mesmo, o delegado da Política Territorial en Pontevedra, Rubén López, daba a súa palabra cunha visita "in situ" á obra de que se cumprirían as peticións da comunidade escolar. O alcalde, José Enrique Sotelo, aceptou asinar un compromiso por escrito que entregará á Anpa posiblemente durante esta mesma mañán. As melloras acordadas son: ampliación de prazas de aparcamento ata corenta nun terreo preto do centro, a instalación de alumeado en toda a zona así como dunha rede de pluviais, a ubicación de pantallas vexetais protectoras para reducir o impacto visual da estrada e os ruídos, a construcción dunha pasarela para peatóns e de beirarrúas en todo o entorno. Estas últimas ampliaranse ata o Espíritu Santo e pola subida lateral do colexio onde se atopa a entrada principal.
Ademáis, estudiarase a posibilidade de ubicar bandas sonoras para reducir a velocidade sobre a calzada así como de expropiar un promontorio de terreos xunto á entrada do colexio. Desta xeito gañaríase en espacio nunha zona estreita onde xa se formaban importantes retencións á saída dos alumnos, unha obstrucción que podería ser aínda maior tras abrir a vía rápida.
O portavoz da Anpa, Ricardo Casas, manifestou que "estamos á espera. Contamos co compromiso do alcalde que se vai facer e que nolo vai a deixar por escrito. Así, quedaríamos satisfeitos. Son moitos anos de demandas e ésta é a primeira vez que estamos preto aparentemente dunha solución".
Por último, Rubén López, apuntou a posibilidade de que a obra en A rúa esté finalizada en "un mes ou mes e medio". Engadiu que tanto o Concello, Xunta, como Delegación de Política Territorial "mostráronse sensibles" á petición da comunidade escolar e que a visita de onte obedecía á necesidade de mellorar a seguridade vial no área. 

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos