AZUQUECA DISPONE YA DE UN CENTRO DE INFORMACIÓN Y ORIENTACIÓN SOCIOSANITARIA DESTINADO A LOS JÓVENES

Descargas

24/05/2007

Gestido Porto afrimou que o antigo local da Escola Municipal de Música Inocentes Caamaño, situado na avenida de Bueu, está xa disposto para acoller os ensaios dos grupos musicais de xóves.

Gestido Porto afrimou que o antigo local da Escola Municipal de Música Inocentes Caamaño, situado na avenida de Bueu, está xa disposto para acoller os ensaios dos grupos musicais de xóves.
En canto ao Directo Xove, un programa da Concellería de Xuventude que permite aos grupos musicais xuvenís ofrecer un concerto nun local de copas, hoxe tocará no Gosadera o grupo Thunni, a partir das dez e media.
Por outra banda, Gestido Porto, despois de aclarar que o acto simbólico do pasado sábado foi de "apertura, e non de inauguración", da Casa da Xuventude, afirmou que o horario de apertura ao público de luns a venres é, pola mañá, de oito e media a duas e media, e pola tarde de cinco a oito, aínda que tal horario o irán modificando según as necesidades de utilización. En pouco tiempo, os sábados pola mañá tamén estará aberta.
O edil do PP considera que as críticas do BNG sobre a Casa da Xuventude "son unha pataleta". Aínda así, faille graza que digan que os nenos non deberían andar soltos pola mesma porque estorbarían aos demáis usuarios, "posto que os nenos son os principais usuarios". Non descarta que o BNG pretenda que os rapaces sexan encerrados nunha esquina, para que non molesten. "A ludoteca é un espazo pensado para eles", recalcou.
O Concello contratará persoal especializado para a ludoteca, e outro reservado para actividades dirixidas polos monitores.
No hall da Casa da Xuventude está a disposición do público toda a información sobre as instalacións e equipamento do que dispón, recordou. En opinión de Gestido Porto, debe ser motivo de felicitación mutua que por primeira vez na historia Cangas teña un local para os xoves, "cunhas instalacións funcionais e modernas", que irán organizando progresivamente, e ademáis cando as necesidades reais, "non irreais como propón o BNG".
Asegurou ademáis que sei hai ordenadores conectados a internet, desmintindo o dicho polo BNG.
En canto ó acceso a minusválidos, a Consellería de Familia xa lles confirmou a concesión dunha subvención, coa que será instalado o ascensor "en pouco tempo", mentras que a rampa da entrada está xa encargada. 

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos