DECENAS DE NIÑOS PARTICIPAN EN EL MARATÓN DE CUENTOS DE AZUQUECA

Descargas

04/06/2010

A empresa Monxevial dispón agora dun mes para presenta-lo proxecto, e de un ano para executa-la obra.

O Alcalde de Cangas, D.José E. Sotelo, firmou o pasado lúns, día 16, o contrato cós responsables da empresa Monxevial para a construcción da piscina municipal no lugar de Verín, en Coiro, nas inmediacións do Estadio Municipal de Atletismo.
A empresa, que dispón agora dun mes para presenta-lo proxecto no Concello, asegurou que cumprirá os prazos.
O Concello convocou un concurso para elexi-lo proxecto da piscina, que debía ter unha referencia ó pasado baleeiro de Cangas. A obra foi adxudicada en case 1,8 millóns de euros, cun prazo de execución de un ano.
Trátase dunhas instalacións con dous vasos de auga, ademáis doutros servicios complementarios e de grada.
Na financiación participa a Deputación Provincial con 300.000 euros, mentres que o propio Concello aportará o resto.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos