DÍA INTERNACIONAL DE LA MUJER

Descargas

06/03/2007

Os traballos cebntraránse no último periodo de ocupación do poboado castreño.

A terceira campaña de excavacións no xacemento de O Facho xa está prácticamente en marcha.Os traballos no que é considerado como un referente arqueolóxico a nivel nacional retomaránse a principios do mes de maio, tal e como onte confirmou o director das excavacións, Xosé Suárez Otero, ó alcalde cangués, Xosé Enrique Sotelo.
O equipo arqueolóxico está pendente de finaliza-lo proxecto e da consecución dos preceptivos permisos de Patrimonio para poñerse en marcha e iniciar unha campaña que, como é habitual, durará un par de meses. As excavacións continuarán coa colaboración do Instituto Arqueolóxico Alemán para seguir avanzando nas investigacións do santuario do deus Berobreo.
Sen embargo, a principal actuación  realizarase no poboado castreño, e concretamente na última etapa da súa ocupación, entre o século I antes de Cristo e o I despois de Cristo. As excavacións deixarían á vista máis construccións e incluso parte da muralla de peche do recinto.
O presuposto co que conta esta campaña alcanza os 180.000 euros-30 millóns das antigas pesetas- e será asumido casi a partes iguais entre concello,Xunta de Galicia e, previsiblemente Diputación de Pontevedra, que xa se comprometeu verbalmente para elo.
 
O CENTRO DE INTERPRETACIÓN, PENDENTE DA XUNTA.
O Centro de Interpretación de O Facho, un dos proxectos estrela para poñer en valor o xacemento, está pendente do visto bó da Xunta para poder iniciar as súas obras. Despois do estudo de impacto medioambental ó proxecto lle resta ser informado pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.
O Centro facilitará as claves para entende-la historia do xacemento e permitirá a exposición das pezas máis representativas. Asimesmo incluirá unha aula de interpretación do espacio natural protexido da Costa da Vela,e unha aula obradoiro que preste servicio á excavación arqueolóxica, coa inclusión de vestiarios, obradoiro e almacén.
Ó  edificio terá unha superficie de casi 900 metros cadrados e estará ubicado nunha parcela de casi 5.000. Terá 7 metros de altura e dúas plantas para repartir tódalas dotacións, entre as que hai un mirador, un auditorio e unha tenda.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos