ENTREGADOS LOS PREMIOS DE LA VII EDICIÓN DEL CERTAMEN INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA APÍCOLA

Descargas

24/05/2007

A Asociación estivo reunida en Cangas a pasada fin de semana.

Geert Shouten, presidente da Asociación Europea da clase Hobie, está convencido de que o mundial de catamaráns que acollerá Cangas a finais de xullo será un éxito. Shouten encabeza unha delegación de 30 persoas procedentes de 15 paises europeos que, durante a fin de semana, visitaron Cangas para coñecer as súas condicións naturais e a súa capacidade para organiza-lo mundial de catamaráns hobie Tiger e Dragoon, que se disputará do 24 ó 28 de xullo coa base do campo de regatas na praia de Rodeira.
Puideron coñecer in situ o escenario do campionato, e segundo a súas palabras, lévanse unha impresión Excelente. "Hemos notado una hospitalidad fantástica y una gran ilusión en la gente por este evento. Con respecto al campo de regatas, sólo puedo decir que es impresionante. Toda la ría, las islas Cíes y Cabo Home es uno de los parajes más espectaculares del mundo. Creo que es un lugar con un enorme potencial náutico y turístico." O mundial hobie fará que os nomes de Galicia e Cangas sonen todavía máis.
E a nivel deportivo, aumentará a afección ó deporte da vela e o nivel competitivo en Cangas, como xa sucedeu antes con outras sedes. No aspecto turístico, os paises asociados á clase hobie son xa 110 en todo o mundo, e seguen crecendo. Moitos navegantes e as súas familias voltarán a Galicia e a Cangas se se van satisfeitos.
Con respecto á demanda de prazas para o mundial, os organizadores destacaron que xa confirmaron a súa presencia navegantes de paises como Suráfrica e Estados Unidos, algúns dos cales son profesionais e con experiencia olímpica, o que garantiza un alto nivel técnico da competición.
www.hobiecangas2006.com

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos