LA BIBLIOTECA MUNICIPAL "ALMUDENA GRANDES" RECIBE UN LOTE DE LIBROS DONADO POR LA UNIVERSIDAD DE ALCALÁ DE HENARES

Descargas

08/03/2007

As 160 prazas dispoñibles para o concello de Cangas nos campamentos urbáns e xuvenís están xa prácticamente cubertas, segundo informaron onte dende a Casa da Xuventude.

As 160 prazas dispoñibles para o concello de Cangas nos campamentos urbáns e xuvenís están xa prácticamente cubertas, segundo informaron onte dende a Casa da Xuventude.
Fontes desta área municipal indicaron que o número de persoas solicitantes superarán as prazas polo que xa se estableceu un día para o sorteo das mesmas. Será na xornada do 22, dous días despois de que se peche a inscripción nestas actividades xuvenís.
Hai que lembrar que está aberto o prazo para anotarse en dous campamentos urbáns para nenos de sete a dez anos así como para pequenos de catro a seis.
Tamén segue aberta a inscripción nos II Xogos Deportivos de Cangas que terá lugar do 11 a 14 de agosto.
Este ano, as modalidades deportivas que se poderán realizar son fútbol, balonmán, voleibol, fútbol-sala, atletismo, ciclismo, tenis de mesa, tenis e piragüismo. Os participantes serán distribuídos en tres categorías, alevín, infantil e cadete.
O acto de apertura deste torneo terá lugar o día 10 de agosto coa cerimonia de inauguración e un concerto. Ademáis, haberá outras atividades paralelas como actividades na praia; exhibición de taekwondo, capoeira e baile deportivo, ademáis de discoteca e cine, entre outras.
A inscripción nesta actividade rematará o día 1 de xullo, previo pago de 30 euros, segundo o estipulado por Xuventude, área que dirixe José Luis Gestido.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos