LA JUNTA APRUEBA UNA INVERSIÓN DE MÁS DE 3,4 MILLONES DE EUROS PARA LA REFORMA DEL CENTRO DE SALUD

Descargas

14/07/2010

Xa se entregaron os premios e agora os traballos están en exposición ata o día 31 de Marzo.

O pasado 8 de marzo, Día Internacional da Muller, no acto de entrega de premios e diplomas fixéronse públicos os gañadores/as do VI Certame de Fotografía ?Mulleres?. O tema deste certame foi ?na procura da igualdade?, un tema moi específico que acadou unha participación paritaria cun total de 54 obras. O xurado reunido a día 1 de marzo decidiu declarar desertos os dous primeiros premios e conceder un terceiro compartido.
Os premiados/as son os seguintes:
o Álvaro Domínguez Álvarez pola foto ?A balanza de xénero?  (O Rosal)
o Consuelo García Rei pola foto ?Somos iguales? (Vilagarcía de Arousa)
o Francisco Javier Arcenillas Pérez ?Las Casas I? (Alcobendas- Madrid)
A exposición de todas as fotografías participantes pode ser visitada ata o día 31 de marzo de 2007 na sala de exposicións do Auditorio Municipal. Así mesmo, poderán visitar:
o A exposición A Ciencia ten nome de Muller onde se representan algunhas das mulleres relevantes nas diferentes áreas da Ciencia que foron e seguen sendo invisibilizadas nos curriculos educativos. Esta exposición ademais conta cun panel onde os e as visitantes poden ampliar o número de mulleres implicando á comunidade dunha forma activa. Ata o 19 de marzo.
o Exposición interactiva dos obradoiros de mulleres feitos en Coiro, Cangas, Aldán e Hío.
o Obradoiro ?Camiños? onde se traballou o percorrido na situación das mulleres en primeira persoa dende a súa mocidade ata o momento de hoxe. Tendo en conta aspectos tan importantes na vida das mulleres como o traballo, a existencia de diferentes tipos de familia, a sexualidade....
o Obradoiro ?Muller por dentro, muller por fora?: Neste obradoiro traballouse a identidade da muller a través dunha proposta plástica.

Galería de imágenes

Te puede interesar

Publicador de contenidos