UNA QUINCENA DE ASOCIACIONES YA HAN SOLICITADO DISPONER DE UN LOCAL EN EL FORO

27/07/2010
A frota de Cangas busca no turismo unha alternativa frente ó descenso de capturas .
O turismo pode ser unha das alternativas de futuro para o sostemento da flota de baixura. Así o cree a Cofradía San Xosé de Cangas, que aposta pola diversificación das actividades e por facer frente o descenso de capturas e á perda de rentabilidade con fórmulas imaxinativas. Entre esas alternativas está un programa para incorporar turistas á tripulación e ensinarlle os secretos da pesca e a importancia de salvagarda-la sostenibilidade do medio. Ó mesmo tempo, crearanse "sinerxias" e un enriquecemento mutuo entre pescadores e turistas. Os primeiros verán recoñecido o seu traballo con observadores a bordo; os segundos, verificarán por sí mesmos o esforzo dos mariñeiros e a calidade dos productos que logo consumirán.
O proxecto busca financiación, e xa foi presentado á Consellería de Pesca baixo o título "Diversificación sustentable da frota pesqueira e marisqueira en actividades de turismo mariño nas Illas Atlánticas e Rías Baixas". Conta coa participación da cooperativa Cíes Artesanal, de Moaña, e dos cabildos de A Pobra do Caramiñal, O Grove e Pontevedra. Cada un dos colectivos, no obstante, poderá participar segundo as suas capacidades e as intencións de cada armador. Os representantes da cofradía canguesa "sí apostamos por esta fórmula", recalcou o seu xerente, Pablo Villar. O presuposto global previsto supera os 150.000 euros, entre os salarios do persoal técnico e os monitores, e o material necesario, onde se inclue a adecuación das embarcacións, locais, equipos tecnolóxicos e campaña de comunicación, entre outros.
A "pescaturismo", como se bautiza a nova actividade, suporá tamén unha modernización das fórmulas de traballo e un atractivo engadido para o relevo xeracional, segundo destacan os seus promotores. A crecente afluencia de visitantes e o interese polo litoral máis alá da clásica oferta de sol e praia son outros dos motivos que incitan a dar resposta a esta demanda. Paises como Italia ou Eslovenia xa desenrolan dende fai varios anos alternativas de este tipo, e cofradías españolas como a de Fuengirola xa mostraron interés por seguir os seus pasos. En Galicia, as de Lira, Laxe e Cambados tamén iniciou accións deste tipo, e as experiencias parecen exitosas e confirman a súa viabilidade.
Entre as actividades propostas no proxecto para as Rías Baixas figuran a observación e participación -ainda que parcialmente- nas operacións de pesca e marisqueo tradicionais; a práctica de actividades de pesca deportiva cós aparellos apropiados; actividades de restauración, tanto a bordo como en terra, cós resultados da pesca diaria; saidas destinadas ó coñecimento do medio ambente costeiro, fauna e flora marinas, hábitats e beleza paisaxística; explicacións sobre a pesca e marisqueo profesionais, os diferentes sistemas de captura e tódolos aspectos ambientais, biolóxicos, técnicos e de mercado implicados; aspectos relacionados coa cultura, tradicións e creencias sobre o mundo do mar; e participación en actividades de recuperación histórica, navegación en embarcacións tradicionais e aloxamento en vivendas de mariñeiros, entre outras.

Galería de imágenes